IV Edición do programa “Violencia de xénero, unha realidade oculta”

Por cuarto ano, estamos tamén a desenvolver o proxecto “VIOLENCIA DE XÉNERO: UNHA REALIDADE OCULTA”, iniciativa financiada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia. É un programa encamiñado cara a concienciación, o coñecemento e a prevención da violencia de xénero (sobre todo no ámbito rural), en toda a provincia de Pontevedra. Dentro desta iniciativa inclúense a celebración de charlas coloquio en asociación veciñais, culturais, centros educativos, concellos,… nos que acercamos á xente á realidade da violencia de xénero, as súas formas, as terribles cifras de vítimas, e tratamos de concienciar á veciñanza e ás familias para que apoien ás mulleres maltratadas e colaboren na denuncia dos casos que podan coñecer. Ademais, a través deste programa, Mulleres en Igualdade de Vigo ofrecemos asesoramento legal, psicolóxico, orientación laboral e apoio social á mulleres vítimas de violencia de xénero ou en risco de exclusión social que o precisen.

Cartel oficial da convocatoria SI472A

Leave a Comment