Por cuarto ano, estamos tamén a desenvolver o proxecto “EMPODERAMENTO FEMENINO”, iniciativa financiada polo Concello de Vigo, baixo a Convocatoria de “Subvencións para o fomento do emprego en entidades sen ánimo de lucro 2020”, está dirixida a mulleres en risco de exclusión social a aos seus/súas fillos/as.
É un programa que persegue os seguintes obxectivos:
- Dotar ás mulleres e aos seus/súas fillos/as das competencias dixitais básicas para favorecer unha correcta integración laboral.
- Proporcionar as ferramentas necesarias para unha óptima búsqueda de emprego, tanto ás usuarias como ós seus/súas fillos/as.
- Dar os mecanismos e técnicas psicolóxicos precisos para superar ou enfrontarse a calquer problema na vida diaria, tanto ás usuarias como ós seus/súas fillos/as.
- Explicar os procedementos xurídicos relacionados ca violencia de xénero, para que ás mulleres coñezan os seus dereitos e os recursos que teñen disponibles.
- Ofrecer os conceptos básicos en temas de igualdade para un maior empoderamento feminino, tanto ás vítimas como ás fillas das usuarias.
