Hoxe, 28 de xullo, impartimos na sede de FEVEGA (Federación Venezolana de Galicia), coa súa colaboración e tamén coa Asociación Amigos de Venezuela, un obradoiro de técnicas de búsqueda de emprego dirixido á mulleres en risco de exclusión social e vítimas de violencia de xénero para dotalas das ferramentas necesarias en materia laboral e para aumentar as súas posibilidades de empregabilidade.
Este obradoiro impartiuse dentro do proxecto «Violencia de xénero, unha realidade oculta» da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia que estamos a desenvolver.