A Asociación de Mulleres en Igualdade de Vigo impartirá a charla-coloquio “Violencia de xénero, unha realidade oculta” dentro do proxecto do mesmo nome que estamos a desenvolver da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, o vindeiro venres 18 de setembro no Edificio Área Panorámica (Rúa Colón, 2, 1º 36700 Tui) ás 19.00 h.
Moitas grazas ás nosas compañeiras da Asociación de Mulleres en Igualdade de Tui por acompañarnos.
#NosMovemos
