“VIOLENCIA DE XÉNERO, UNHA REALIDADE OCULTA”

A partir do mes de maio, comezamos unha nova edición do noso proxecto “Violencia de xénero, unha realidade oculta”. #SecretaríaXeralDeIgualdade da #XuntaDeGalicia que estamos a desenvolver. Operación financiada pola Unión Europea, a través do FONDO SOCIAL EUROPEO (FSE) Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020, “O FSE inviste no teu futuro”

Desgraciadamente na actualidade a violencia de xénero está na fala da xente, son moitas as mulleres que cada día aumentan as estadísticas. Pero realmente sabemos que é violencia de xénero, cales son as suas formas, como se chega a esa situación?

Este proxecto pretende sensibilizar e invitar a unha reflexión sobre qué é o que está a acontecer na sociedade con esta lacra. As estadísticas actuais resultan canto menos abrumadoras, e no coloquio tentamos resolver as dúbidas que poidan acontecer.

A pesar de ser moitas as mulleres que sofren este tipos de violencia, unha porcentaxe moi alta delas non denuncia, por ese motivo, con este proxecto pretendemos sensibilizar e implicar ao círculo máis próximo á vítima e á súa contorna e veciños.

Operación financiada pola Unión Europea, a través do FONDO SOCIAL EUROPEO (FSE) Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020, “O FSE inviste no teu futuro”

Leave a Comment