Este mes de maio dará comezo o proxecto «+Ciencia en Femenino», iniciativa financiado polo concello de Vigo, ao abeiro da convocatoria de «Subvencións para o fomento do emprego en Entidades sen ánimo de lucro 2022» dirixido a todolos colectivos, priorizando naquelas mulleres en risco de exclusión social (vítimas de violencia de xénero, inmigrantes, etc.) e os/as seus/súas fillos/as.

É un proxecto que persegue os seguintes obxetivos:

  • Promover unha educación en igualdade, mediante accións de sensibilidade en materia de xénero e igualdade.
  • Favorecer o desenvolvemento integral de nenos e nanas sen estereotipos de xénero.
  • Contribuir a eliminación dos roles sexistas.
  • Visibilizar mulleres referentes galegas no eido da ciencia e ás STEM.
  • Contribuír a disminución da brecha dixital de xénero, a través de accións que promovan a adquisición por parte das mulleres de competencias dixitais básicas e avanzadas.
  • Acercamento das rapazas ao mundo científico.
  • Favorecer a participación das rapazas no mundo da ciencia no seu futuro laboral.
  • Despertar interese das rapazas pola tecnoloxía e a investigación.
  • Acercamento ao uso de diferentes ferramentas tecnolóxicas que desperten a curiosidade das rapazas asi como as súas destrezas e habilidades dirixidas ás STEM.

O Concello de Vigo colaborou no financiamento dos gastos de contratación e fomento do emprego da asociación e , en xeral, da inserción laboral, o fomento do emprego do asociacionismo e da participación cidadá.

Leave a Comment