Free cookie consent management tool by TermsFeed

Mulleres en Igualdade de Vigo

Carreira Solidaria

+XUNTOS, contra la violencia de género A violencia de xénero é a cara máis dura e máis cruel da desigualdade que, por desgraza, continúan padecendo as mulleres en todos os países da nosa contorna. As mulleres seguen sendo asasinadas polo feito de selo. Unha violencia que non deixa de crecer en todas as súas manifestacións. Unha violencia contra os menores que a sofren nos seus fogares, que interiorizan e normalizan, que lles impide crecer con liberdade, seguridade e paz. Un aumento da violencia entre a mocidade, sobre a que hai que actuar urxentemente, porque son o futuro e porque merecen relacións sas onde prime o respecto, a liberdade e a igualdade. Por iso é necesario que sigamos dando respostas e solucións ás mulleres e aos menores que sofren na súa casa o horror da violencia. É importante traballar na prevención desde as idades máis temperás, na sensibilización, na formación dos operadores que traballan coas vítimas. É vital que ofrezamos ás vítimas a protección, atención, asistencia e recuperación que necesitan, é primordial que as vítimas saiban que non están soas e que hai ferramentas para axudalas a saír dese inferno. Todos formamos parte desta realidade e por tanto todos somos cómplices de que siga existindo. Só xuntos e xuntas, homes e mulleres, forzas políticas, administracións e sociedade civil lograremos acabar coa violencia de xénero. que conseguimos? Coa inscrición e participación na carreira, os participantes axúdannos a continuar coa loita contra a violencia de xénero, axudándonos na nosa visibilización, mostrando o seu apoio para erradicar esta secuela e repulsa cara á mesma. Cos beneficios recadados, poderemos continuar elaborando proxectos educativos, de prevención, atención e sensibilización. Continuar ofrecendo a nosa asistencia multidisciplinar gratuita a todas e cada unha das vítimas e mulleres que se atopan en situación de especial vulnerabilidade. Unha carreira na que gañamos TODOS e TODAS, porque o rival é a violencia de xénero, unha secuela social que só poderemos combater se permanecemos unidos e unidas como sociedade. I EDICIÓN 2022 Anterior Siguiente VER TODAS AS FOTOS II EDICIÓN 2023 Anterior Siguiente VER TODAS AS FOTOS CONTACTO

Viguesa do ano

viguesa do ano Celebrado dende o 2016, o obxectivo deste acto é honrar, conmemorar e entregar a “Camelia de Prata” a aquelas mulleres que teñen ou tiveron unha traxectoria profesional destacable na cidade de Vigo, e que, co seu exemplo, contribúen a resaltar a figura da muller no ámbito profesional. Rosa Mallo Viguesa do ano 2016 Radióloga e coordinadora da Unidade de Mama do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI). Entregámoslle o premio polos seus méritos técnicos a nivel internacional, de investigación e a calidade humana no trato coas súas pacentes, ademáis de representar o papel da muller na sanidade. Charo Vidal Viguesa do ano 2017 Foi presidenta da Asociación Provincial de Empresarias (APE) e exerceu outros cargos de representación na cidade de Vigo, ademais de traballar na rexencia dun comercio de iluminación, situado en Elduayen. Carmen Lago Viguesa do ano 2018 Presidenta da Asociación FARAXA en Vigo: actualmente é a presidenta da Asociación FARAXA pola Abolición da Prostitución. Toda a súa vida laboral estivo centrada no sector social traballando en diferentes entidades como Alecrín. Cristina Rodríguez Viguesa do ano 2019 Directora da Escola de Danza Media Punta: dirixe a escola de danza Media Punta en Vigo, centro que posúe varios recoñecementos a nivel nacional e internacional. CONTACTO

Empregalia

empregalia Empregalia é un evento organizado pola Asociación dende o ano 2013. Creouse co obxectivo primordial de crear un espazo de encontro entre oferentes e demandantes de emprego no que tamén tiveran cabida as entidades, tanto públicas como privadas, de formación, entre outras.  EMPREGALIA 2013 A I Edición da Feira de Emprego celebrouse nos días 19 e 20 de abril de 2013 na Zona Franca de Vigo. Foi unha edición celebrada nunha época complexa debido a situación de crise económica e falta de emprego, non só na nosa cidade, senón tamén no resto de España. EMPREGALIA 2014 A II Edición da Feira de Emprego celebrouse nos días 13 e 14 de xuño de 2014 na Estación Marítima de Vigo. Nesta edición contábamos, novamente, cun gran número de empresas e colectivos ofrecendo un posto de traballo para os vigueses e viguesas. Foron 33 empresas ofertantes as que participaron nesta edición e que agradecemos que quixeran ter ese acercamento, máis directo, coa xente para saber de primeira man todo o capital humano que hai en Vigo. EMPREGALIA 2015 A III Edición da Feira de Emprego celebrouse nos días 16 e 17 de outubro de 2015 na Estación Marítima de Vigo. Nesta edición contábamos, novamente, cun gran número de empresas e colectivos ofrecendo un posto de traballo para os vigueses e viguesas. Foron 24 empresas ofertantes as que participaron nesta edición e que agradecemos que quixeran ter ese acercamento, máis directo, coa xente para saber de primeira man todo o capital humano que hai en Vigo. EMPREGALIA 2017 A IV Edición da Feira de Emprego celebrouse nos días 10 e 11 de marzo de 2017 na Estación Marítima de Vigo. Nesta edición contábamos, novamente, cun gran número de empresas e colectivos ofrecendo un posto de traballo para os vigueses e viguesas. Foron 20 empresas ofertantes as que participaron nesta edición e que agradecemos que quixeran ter ese acercamento, máis directo, coa xente para saber de primeira man todo o capital humano que hai en Vigo. EMPREGALIA 2018 A V Edición da Feira de Emprego celebrouse nos días 26 e 27 de xaneiro de 2018 na Estación Marítima de Vigo. Nesta edición contábamos, novamente, cun gran número de empresas e colectivos ofrecendo un posto de traballo para os vigueses e viguesas. Foron 19 empresas ofertantes as que participaron nesta edición e que agradecemos que quixeran ter ese acercamento, máis directo, coa xente para saber de primeira man todo o capital humano que hai en Vigo. Ademais diso, tivemos a oportunidade de desfrutar de bos parladoiros: Conferencia “Oportunidades laborais no ámbito aeroportuario”. Impartida por Dna. Ana Moles Cubedo, Directora do Aeroporto de Vigo. Conferencia “A empleabilidade na era dixital”. Impartida por Dna Marina Santalices Amigo, Associate Product Marketing Manager en Google. Tamén tivemos un Punto tecnolóxico en Industria 4.0, un obradoiro en versión 3D e dróns para os rapaces e rapazas onde tomaron contacto cás tecnoloxías da Industria 4.0. Foi desenvolvido por ActivationCode: plataforma composta por Ledisson Ait, Rysia, Polygon-e, Ladn, Kidcode e Movistar. EMPREGALIA 2019 A VI Edición da Feira de Emprego celebrouse nos días 10 e 11 de maio de 2019 na Estación Marítima de Vigo. Nesta edición contábamos, novamente, cun gran número de empresas e colectivos ofrecendo un posto de traballo para os vigueses e viguesas. Foron 21 empresas ofertantes as que participaron nesta edición e que agradecemos que quixeran ter ese acercamento, máis directo, coa xente para saber de primeira man todo o capital humano que hai en Vigo. Ademais dos stands, nesta edición contábamos con algunhas novedades, tales como: Formacións moi interesantes sobre novas dinámicas nos procesos selectivos, impartido polo IESIDE e sobre o tratamento da imaxe persoal na redes, impartido por Bricomart, GDoce e StarServicios.A Gira Mujeres CocaCola, que celebrou a súa III Edición.Mesas redondas sobre emprendemento, pluralidade lingüística e do futuro laboral.As forzas armadas impartiron unha importante e interesante charla sobre as oportunidades laborais dentro do exército. CONTACTO

Merenda Solidaria

merenda solidaria Dende o ano 2017, a nosa Asociación organiza unha merenda solidaria que ten por finalidade a recadación de fondos para poder desenvolver os nosos obxectivos e poder axudar ó maior número de persoas posibles. Merenda solidaria celebrada no 2018 no Círculo de Empresarios de Galicia CONTACTO

25 de Novembro

25 de NOVEMBRO Cada 25 de novembro conmemórase o “Día Internacional contra a Violencia da Muller” para denunciar a violencia que se exerce sobre as mulleres en todo o mundo e reclamar políticas e actuacións para unha completa erradicación en todos os países. Anterior Siguiente CONTACTO

8M

8M O 8M celébrase o Día Internacional da Muller que conmemora a loita da muller pola súa participación dentro da sociedade, en pé da emancipación da muller e no seu desenvolvemento íntegro como persoa. Como entidade que defende os dereitos das mulleres, non podíamos esquecer celebrar este día, por iso, dende Mulleres en Igualdade de Vigo, para a conmemoración deste día, organizamos coloquios, parladoiros, conferencias ou calquer outro evento que simbolice este día. Aquí deixámosvos algunhas fotos dos nosos actos polo 8M: Anterior Siguiente CONTACTO