A nosa entidade conta con varias colaboracións con outras entidades da cidade de Vigo creando unha rede de traballo eficaz e eficiente e para poder satisfacer mellor as necesidades da xente que o precise.
Aquí están algunhas das entidades coas que colaboramos, na actualidade:
Dende o ano 2008, a asociación pertence o Consello Municipal da Muller de Vigo, órgano da Concellería de Igualdade do Concello de Vigo, que está integrado por todo tipo de asociacións de mulleres, vocalías de mulleres de sindicatos e partidos políticos co obxectivo de garantir o dereito á participación na vida municipal das cidadás viguesas.
A nosa entidade, dende a súa creación, pertence á Confederación de Mulleres en Igualdade, que ten a súa sede en Madrid. Agrupan asociacións de mulleres en igualdade de todas partes de España.

E no ano 2019, a nosa entidade entrou como membro, de pleno dereito, na Federación pola Igualdade das Mulleres da Provincia de Pontevedra, unha entidade provincial que xunta a asociacións de mulleres que teñen un obxectivo común: erradicar a violencia de xénero e conseguir a igualdade entre mulleres e homes.
