A II Edición da Feira de Emprego celebrouse nos días 13 e 14 de xuño de 2014 na Estación Marítima de Vigo. Nesta edición contábamos, novamente, cun gran número de empresas e colectivos ofrecendo un posto de traballo para os vigueses e viguesas. Foron 33 empresas ofertantes as que participaron nesta edición e que agradecemos que quixeran ter ese acercamento, máis directo, coa xente para saber de primeira man todo o capital humano que hai en Vigo.

II Feira de Emprego de Galicia: Empregalia