A III Edición da Feira de Emprego celebrouse nos días 16 e 17 de outubro de 2015 na Estación Marítima de Vigo. Nesta edición contábamos, novamente, cun gran número de empresas e colectivos ofrecendo un posto de traballo para os vigueses e viguesas. Foron 24 empresas ofertantes as que participaron nesta edición e que agradecemos que quixeran ter ese acercamento, máis directo, coa xente para saber de primeira man todo o capital humano que hai en Vigo.
