Mulleres en Igualdade de Vigo cumpre cos estándares de protección infantil tal e como están definidos na coalición “Keeping Children Safe”.

A nosa política de protección a infancia cubre as catro áreas descritas no mencionado documento:

Política; a organización desenvolve unha política que describe cómo se compromete a previr e responder axeitadamente dos danos a menores.

Persoas; a organización impón responsabilidades e expectativas o persoal e apoia o seu compromiso e actuación en consonancia con elas.

Procedementos; a organización crea un entorno seguro para os e as menores a través dun proceso sistemático de implemnetación sde procedementos de protección infantil.

Responsabilidade; a organización monitores e revisa as medidas de salvagarda.

Cada traballador de AMEI e toda persoa que está en contacto cos participantes dos programas e proxectos que desenvolve AMEI con menores de idade, ten a responsabilidade de protexer os nenos e nenas contra toda forma de maltrato, abandono e explotación. A contratación do persoal inclúe a comprobación de antecedentes (vetting) e a formación continua en protección infantil así como o acceso a información ca dispoñibilidade permanete nos centros de traballo das Normas de protección a infancia “Keeping Children Safe”.