A nosa asociación realiza varios proxectos de carácter anual e con continuidade e que, grazas as Administracións Públicas, podemos ter a posibilidade de ofrecer diversos servizos ás mulleres en risco de exclusión social, vítimas de violencia de xénero e ós seus/súas fillos/as.

Un dos nosos proxectos máis coñecidos e o que mellor está funcionando na actualidade é:

“Empoderamento Femenino”. O proxecto tenta apoiar e colaborar coas mulleres da nosa cidade na súa posta en valor a través de accións de formación para o emprego, adquisición de habilidades sociais, acompañamento socio-educativo, orientación laboral e legal,  axuda psicolóxica, fomento das novas tecnoloxías e da seguridade das mulleres na rede, apoio ante a violencia de xénero e familiar, etc., centrándose prioritariamente nas mulleres en risco de exclusión social.

Cartel oficial da Convocatoria

“Violencia de xénero, unha realidade oculta”. Este proxecto comezou no ano 2017 cunha premisa clara que é: dar resposta a moitas preguntas que a xente se segue facendo con respecto a violencia de xénero ademais reflexionar sobre todas as cuestións relacionadas co tema.

Asimesmo, en canto ós servizos ofertados neste proxecto, cabe destacar:

  • Servizo gratuito de atención e orientación laboral.
  • Servizo gratuito de asesoramento xurídico.
  • Servizo gratuito de atención psicolóxica.
  • Buzón de denuncia anónima a través da nosa Asociación, calquera cidadán pode de maneira anónima, denunciar situación de de violencia.

Se sabemos que unha muller está a sufrir algún dos tipos de violencia…

ACTÚA

Non deixes que a seguinte muller en aumentar as estatísticas sexa a túa amiga, veciña, coñecida…

Flyer sobre o proxecto “Violencia de xénero, unha realidade oculta”
Cartel oficial da Convocatoria SI427A

Proxecto “O teu futuro nas túas mans”. Este proxecto comezou a finais de 2019 cando detectamos unha importante carencia de información e formación básica en mulleres inmigrantes e, en xeral calquera muller que estea en risco de exclusión social dos recursos sociais, laborais e dixitais necesarios para un correcto desenvolvemento persoal e profesional, xa que é necesario nesta época de revolución tecnolóxica a adaptación a novos modos e métodos, tanto na búsqueda activa de emprego coma na adquisición de novas competencias que demandan as entidades, tanto públicas como privadas.

O programa está composto dos seguintes obradoiros:

  • Orientación laboral
  • Igualdade
  • Autoestima
  • Tecnoloxía e competencias dixitais
Cartel do proxecto formativo “O teu futuro nas túas mans”