A V Edición da Feira de Emprego celebrouse nos días 26 e 27 de xaneiro de 2018 na Estación Marítima de Vigo. Nesta edición contábamos, novamente, cun gran número de empresas e colectivos ofrecendo un posto de traballo para os vigueses e viguesas. Foron 19 empresas ofertantes as que participaron nesta edición e que agradecemos que quixeran ter ese acercamento, máis directo, coa xente para saber de primeira man todo o capital humano que hai en Vigo.

Ademais diso, tivemos a oportunidade de desfrutar de bos parladoiros:

  • Conferencia “Oportunidades laborais no ámbito aeroportuario”. Impartida por Dna. Ana Moles Cubedo, Directora do Aeroporto de Vigo.
  • Conferencia “A empleabilidade na era dixital”. Impartida por Dna Marina Santalices Amigo, Associate Product Marketing Manager en Google.

Tamén tivemos un Punto tecnolóxico en Industria 4.0, un obradoiro en versión 3D e dróns para os rapaces e rapazas onde tomaron contacto cás tecnoloxías da Industria 4.0. Foi desenvolvido por ActivationCode: plataforma composta por Ledisson Ait, Rysia, Polygon-e, Ladn, Kidcode e Movistar.

V Edición da Feira de Emprego: Empregalia