A VI Edición da Feira de Emprego celebrouse nos días 10 e 11 de maio de 2019 na Estación Marítima de Vigo. Nesta edición contábamos, novamente, cun gran número de empresas e colectivos ofrecendo un posto de traballo para os vigueses e viguesas. Foron 21 empresas ofertantes as que participaron nesta edición e que agradecemos que quixeran ter ese acercamento, máis directo, coa xente para saber de primeira man todo o capital humano que hai en Vigo.

Ademais dos stands, nesta edición contábamos con algunhas novedades, tales como:

  • Formacións moi interesantes sobre novas dinámicas nos procesos selectivos, impartido polo IESIDE e sobre o tratamento da imaxe persoal na redes, impartido por Bricomart, GDoce e StarServicios.
  • A Gira Mujeres CocaCola, que celebrou a súa III Edición.
  • Mesas redondas sobre emprendemento, pluralidade lingüística e do futuro laboral.
  • As forzas armadas impartiron unha importante e interesante charla sobre as oportunidades laborais dentro do exército.