O obxectivo deste acto é honrar, conmemorar e entregar a “Camelia de Prata” a aquelas mulleres que teñen ou tiveron unha traxectoria profesional destacable na cidade de Vigo, e que, co seu exemplo, contribúen a resaltar a figura da muller no ámbito profesional.
Esta homenaxe celebrámola dende o ano 2016. As homenaxeadas foron:

Viguesa do ano 2019: Cristina Rodríguez, Directora da Escola de Danza Media Punta: dirixe a escola de danza Media Punta en Vigo, centro que posúe varios recoñecementos a nivel nacional e internacional.

Viguesa do ano 2018: Dna. Carmen Lago, presidenta da Asociación FARAXA en Vigo: actualmente é a presidenta da Asociación FARAXA pola Abolición da Prostitución. Toda a súa vida laboral estivo centrada no sector social traballando en diferentes entidades como Alecrín.

Viguesa do ano 2017: Dna. Charo Vidal: foi presidenta da Asociación Provincial de Empresarias (APE) e exerceu outros cargos de representación na cidade de Vigo, ademais de traballar na rexencia dun comercio de iluminación, situado en Elduayen.

Viguesa do ano 2016: Dna. Rosa Mallo: Radióloga e coordinadora da Unidade de Mama do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI). Entregámoslle o premio polos seus méritos técnicos a nivel internacional, de investigación e a calidade humana no trato coas súas pacentes, ademais de representar o papel da muller na sanidade e do empoderamento que transmite o resto delas coa súa capacidade e a súa sabiduría.