Dende o 2008 loitando pola igualdade
Asociación sin ánimo de lucro en Vigo
A ASOCIACIÓN
Somos unha asociación feminista sen ánimo de lucro que desenvolve as súas actividades na cidade de Vigo e a nivel autonómico en Galicia. Loitamos por unha igualdade real entre homes e mulleres traballando de maneira conxunta coas institucións e as diferentes asociacións para poder levar a cabo estos logros a través de da formación, divulgación e protección.
KEEPING CHILDREN SAFE
Mulleres en Igualdade de Vigo cumpre cos estándares de proteción infantil tal e como están definidos na coalición Keeping Children Safe.
Cada traballador de AMEI e toda persoa que está en contacto cos participantes dos programas e proxectos que desenvolve AMEI con menores de idade, ten a responsabilidade de protexer os nenos e nenas contra toda forma de maltrato, abandono e explotación.
OS NOSOS ACTOS E PROXECTOS
A nosa asociación realiza varios actos e proxectos que, grazas as Administracións Públicas, podemos ter a posibilidade de ofrecer diversos servizos ás mulleres en risco de exclusión social, vítimas de violencia de xénero e ós seus/súas fillos/as. A nosa finalidade é establecernos como entidade referente na loita contra a violencia de xénero e loita pola igualdade de mulleres e homes.
QUERES colaborar?
Realizamos carreiras solidarias contra a violencia de xénero para adultos, nenos e bebés. Ademáis, tamén organizamos excursiones e impartimos talleres para empresas e asociacións para axudar ás mulleres.
ALGUNHA DÚBIDA?
Consúltanos para resolver calquera dúbida que teñas sobre a nosa asociación chamando por teléfono ou cubrindo o formulario na nosa seción de contacto.