PROXECTOS
Proxectos feministas en Vigo
A nosa asociación realiza varios proxectos feministas en Vigo de carácter anual e con continuidade e que, grazas as Administracións Públicas, podemos ter a posibilidade de ofrecer diversos servizos ás mulleres en risco de exclusión social, vítimas de violencia de xénero e ós seus/súas fillos/as. A continuación móstranse os proxectos que desenvolvemos na actualidade.
"empoderamento femenino"
O proxecto tenta apoiar e colaborar coas mulleres da nosa cidade na súa posta en valor a través de accións de formación para o emprego, adquisición de habilidades sociais, acompañamento socio-educativo, orientación laboral e legal, axuda psicolóxica, fomento das novas tecnoloxías e da seguridade das mulleres na rede, apoio ante a violencia de xénero e familiar, etc., centrándose prioritariamente nas mulleres en risco de exclusión social.
“O teu futuro nas túas mans”
Este proxecto comezou a finais de 2019 cando detectamos unha importante carencia de información e formación básica en mulleres inmigrantes e, en xeral calquera muller que estea en risco de exclusión social dos recursos sociais, laborais e dixitais necesarios para un correcto desenvolvemento persoal e profesional, xa que é necesario nesta época de revolución tecnolóxica a adaptación a novos modos e métodos, tanto na búsqueda activa de emprego coma na adquisición de novas competencias que demandan as entidades, tanto públicas como privadas.
O programa está composto dos seguintes obradoiros: Orientación laboral, Igualdade, Autoestima e Tecnoloxía e competencias dixitais.
"VIOLENCIA DE XÉNERO: UNHA REALIDADE OCULTA"
Este proxecto comezou no ano 2017 cunha premisa clara que é: dar resposta a moitas preguntas que a xente se segue facendo con respecto a violencia de xénero ademais reflexionar sobre todas as cuestións relacionadas co tema. Asimesmo, en canto ós servizos ofertados neste proxecto, cabe destacar:
- Servizo gratuito de atención e orientación laboral.
- Servizo gratuito de asesoramento xurídico.
- Servizo gratuito de atención psicolóxica.
- Buzón de denuncia anónima a través da nosa Asociación, calquera cidadán pode de maneira anónima, denunciar situación de de violencia.