Free cookie consent management tool by TermsFeed

Mulleres en Igualdade de Vigo

+XUNTOS, contra la violencia de género

A violencia de xénero é a cara máis dura e máis cruel da desigualdade que, por desgraza, continúan padecendo as mulleres en todos os países da nosa contorna. As mulleres seguen sendo asasinadas polo feito de selo. Unha violencia que non deixa de crecer en todas as súas manifestacións. Unha violencia contra os menores que a sofren nos seus fogares, que interiorizan e normalizan, que lles impide crecer con liberdade, seguridade e paz. Un aumento da violencia entre a mocidade, sobre a que hai que actuar urxentemente, porque son o futuro e porque merecen relacións sas onde prime o respecto, a liberdade e a igualdade.

Por iso é necesario que sigamos dando respostas e solucións ás mulleres e aos menores que sofren na súa casa o horror da violencia. É importante traballar na prevención desde as idades máis temperás, na sensibilización, na formación dos operadores que traballan coas vítimas. É vital que ofrezamos ás vítimas a protección, atención, asistencia e recuperación que necesitan, é primordial que as vítimas saiban que non están soas e que hai ferramentas para axudalas a saír dese inferno. Todos formamos parte desta realidade e por tanto todos somos cómplices de que siga existindo.

xuntos e xuntas, homes e mulleres, forzas políticas, administracións e sociedade civil lograremos acabar coa violencia de xénero.

que conseguimos?

Coa inscrición e participación na carreira, os participantes axúdannos a continuar coa loita contra a violencia de xénero, axudándonos na nosa visibilización, mostrando o seu apoio para erradicar esta secuela e repulsa cara á mesma. Cos beneficios recadados, poderemos continuar elaborando proxectos educativos, de prevención, atención e sensibilización.

Continuar ofrecendo a nosa asistencia multidisciplinar gratuita a todas e cada unha das vítimas e mulleres que se atopan en situación de especial vulnerabilidade. Unha carreira na que gañamos TODOS e TODAS, porque o rival é a violencia de xénero, unha secuela social que só poderemos combater se permanecemos unidos e unidas como sociedade.

I EDICIÓN

2022

II EDICIÓN

2023